María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acudiou a un encontro co persoal do Centro de Información á Muller (CIM) de Lalín. A Xunta está a traballar en colaboración cos concellos, a través de diferentes actividades, na súa loita contra a violencia de xénero. A conselleira de Emprego e Igualdade destacou a labor dos CIM neste ámbito tan importante para a sociedade.
