Non está a ser o verán agardado por moitos. Os días de sol, calor e praia de anos anteriores non se están a dar nesta época estival, para desgusto de visitantes e veciños dos concellos da comarca. As choivas da semana pasada deron paso a días de sol que todo o mundo quere aproveitar para ir aos areais e para gozar das vacacións. A xente nas rúas pide para o mes de agosto mellor tempo que o que se deu en xullo.