26.9 C
Chicago
21 agosto, 2026

O Concello de Outes amplía os servizos de roza e limpeza tras sumar un novo tractor

O mantemento dos camiños e a súa limpeza é un labor chave para o Concello de Outes. Para poder desenvolvela con máis amplitude vén de sumar un novo tractor, que se suma aos dous que xa tiña o municipio para rozar os camiños ao longo do ano. Este novo vehículo estará contratado durante 9 meses grazas ao programa APROL rural da Xunta. Ademais o concello tamén conta cunha brigada formada por seis operarios que se dedica á limpeza de beirarrúas, camiños e interiores dos lugares. Os traballadores, contratados polo Plan de Emprego Local da Deputación, prestarán os seus servizos ata finais de 2021. Este operativo complementa o traballo dos tractores, xa que actúa nos lugares onde non poden acceder, e tamén ao equipo de xardinería do concello.

Related posts

MÁIS DE 60.000 EUROS PARA MELLORAR DOUS EQUIPAMENTOS SOCIAIS DE OUTES

CloudyX

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX