Xunta de Galicia

A Xunta destina 152 millóns de euros á formación para o emprego

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe nunha visita institucional que desenvolveu a Ames que este Concello, xunto co do Brión, contarán con financiamento autonómico para desenvolver unha nova edición -a cuarta- do obradoiro dual de emprego Renov Ames Brión, que permitirá que 20 alumnos e alumnas podan formarse en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Esta actuación será posible despois de que a Consellería de Emprego e Igualdade decidira ampliar en preto dun 50% o orzamento da convocatoria deste ano destinada aos obradoiros duais de emprego. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará esta ampliación nos próximos días, polo que a Administración autonómica investirá finalmente nestes programas 34,2 millóns de euros para cubrir o 100% das solicitudes, o que posibilitará que 1.900 galegos e galegas conten cunha formación axustada ás demandas do tecido produtivo e o acceso a un contrato de traballo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.