Xunta de Galicia

Feijóo recibiu aos chefs que participarán na nova edición de Estrellas en el Camino de Santiago. A iniciativa está impulsada por Casa Barqueiro en colaboración coa Xunta no marco do Xacobero 21-22

Un total de 17 cociñeiros que suman 44 estrelas Michelin visitaron hoxe a Praza do Obradoiro como prólogo á súa participación no evento gastronómico Estrellas Solidarias en el Camino de Santiago. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo foi o encargado de recibir ao chefs na capital galega para despois acudir a unha comida que tivo lugar en casa Barqueiro en Negreira, onde chegaron despois de recorrer un tramo do Camiño de Fisterrra-Muxía. Entre os cociñeiros desta edición, atópanse figuras de renombre nacional e internacional como David de Jorge, Eneko Atxa, Jordi Cruz, os irmáns Torres ou Nacho Manzano.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.