O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a programación sinfónica do Xacobeo 21-22, que conta cun investimento de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia. Esta iniciativa, que inclúe máis de 50 accións, contará coa colaboración das catro principais agrupacións de música clásica da Comunidade,que teñen como finalidade por en valor o territorio galego neste Xacobeo.
