O xerente do Sergas, José Flores Arias, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, informaron hoxe dos datos de tempos medios de espera da sanidade pública galega no primeiro semestre do ano. Os responsables do Sergas lembraron que no mes de abril a Xunta de Galicia puxo en marcha un Plan de Recuperación da Actividade Asistencial, dotado con 15 millóns de euros, para levar a cabo 230.000 actos asistenciais extraordinarios, entre probas diagnósticas, consultas especializadas e intervencións cirúrxicas.
