Galicia

A Xunta avoga por establecer un diálogo aberto entre o estado e as comunidades en asuntos importantes como os fondos Next Generation

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe por videoconferencia na constitución da Conferencia sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios que, segundo dixo, deberá servir para establecer un diálogo aberto entre o Estado e as comunidades autónomas en asuntos tan importantes como a xestión dos fondos europeos Next Generation. Conde remarcou a importancia de que o Goberno rectifique e estableza mecanismos de cooperación efectiva coas autonomías porque a planificación que está a seguir non responde ás competencias que teñen atribuídas ás comunidades autónomas nin ao establecido no sistema de financiamento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.