A Xunta de Galicia solicita ao Goberno central que reconsidere e modifique as condicións que se fixan nos programas de vivenda dos fondos europeos de recuperación económica porque a súa aplicación será complicada e pouco atractiva para os posibles beneficiarios.A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá de forma telemática na Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo. Este primeiro encontro coa nova ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, serviu para trasladar unha vez máis o acordo da Consellería co reparto dos fondos, dos cales a Galicia lle corresponden 94,5 millóns de euros. Salientou que as bases e condicións polas que se rexen os programas non serán de interese nin serán demandados por parte dos potenciais solicitantes.