O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de implantar un sistema de reciclaxe complementario ao punto limpo situado no polígono da Tomada e aos dous minipuntos limpos urbanos. Trátase dun punto limpo móbil e o obxectivo principal desta acción radica en ofrecer un novo servizo, que mellore substancialmente a xestión de residuos perigosos altamente contaminantes xerados por particulares, especialmente na zona rural do municipio.