O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que cada tres días ponse en marcha en Galicia unha nova empresa de economía social, unha cifra que non se freou polas incertezas da pandemia.
Durante o acto de clausura, este mediodía, da xornada Cafés con aroma a economía social, organizada polo Foro da economía social galega, Feijóo aseverou que a economía social en Galicia é relevante tanto polos seus números como polos seus principios, baseados na responsabilidade, a solidariedade, a integración, o sentimento de comunidade e a cohesión social.
Feijóo destacou que a Estratexia de Economía Social de Galicia, aprobada en 2019 e dotada con 73 millóns de euros, agrupa e cohesiona as medidas específicas que ten a Xunta para todas estas empresas, entre as que destacan: o fomento do emprendemento social ou a mellora constante da formación.