O pasado sábado 10 de xullo A Pobra amencía coa nova de que o exalcalde Álvaro Viéitez falecera. O antigo rexidor que ocupou a alcaldía pobrense entre 1989 e 1991, e que era presidente de honra do PP local faleceu aos 77 anos no hospital do Barbanza logo de non superar a última arremetida dunha enfermidade que sufría dende hai varios anos.
Vieitez chegou á alcaldía de A Pobra no 1989 despois de que o seu predecesor, Segundo Durán, fora nombrado parlamentario autonómico, o que lle impediu compatibilizar ese cargo co de alclade. Como tenente de alcalde de Durán asumiu a alcaldía e ao longo do seu mandato realizou varias actuacións destacadas, como a remodelación do antigo mercado de abastos ou a inauguración do centro de saúde.
Un pacto a tres bandas tras a eleccións de 1991 elevou a Ramón Rego á alcaldía, pero Álvaro Vieitez continuou como concelleiro ata 1999. Tamén foi un empresario moi destacado na comarca xa que foi xerente de Hadasa, unha empresa dedicada á fabricación de fariña de peixe. O Concello de A Pobra decretou hoxe tres días de loito oficial polo falecemento de Vieitez, que foi enterrado onte na parroquia de Santiago do Deán.