20 noviembre, 2026

A Xunta diríxese ao Estado para que flexibilice as condicións do 3º Plan de Rescate e facilite que as axudas cheguen aos sectores afectados pola covid-19

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe en rolda de prensa que vén de remitir á vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, e á ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, unha carta na que lles pide que se modifique o Real Decreto-lei 5/2021 do 12 de marzo para que as axudas económicas do terceiro Plan de rescate cheguen aos sectores afectados pola covid-19

Lorenzana apuntou que para acceder a estes apoios ten que ser suficiente con que concorra o requisito de especial afección pola pandemia, xustificado por unha caída do volume de facturación, sen necesidade de concretar o destino que debe darse ás axudas por parte dos beneficiarios.

A conselleira apuntou que a través dos dous plans de rescate autonómicos rexistráronse máis de 80.000 solicitudes fronte ás 4.000 do terceiro, unha caída do 90% polos criterios que demanda o Goberno central

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX