Pobra Do Caramiñal

O goberno da Pobra presenta unha proposta para renovar a imaxe corporativa do concello

O goberno da Pobra do Caramiñal ven de anunciar a proposta de identidade corporativa para o Concello. O que persegue o goberno con esta iniciativa é facer unha imaxe corporativa moderna e funcional, que estea adaptada aos novos tempos.

O alcalde da localidade sinalou que a súa intención é a de levar a proposta ao vindeiro pleno ordinario e afirmou que este cambio non supón a supresión do escudo municipal. A concelleira de Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo, a das Relacións Institucionais, Patricia Lojo, e a de Promoción Económica, Charo Varela, coincidiron na necesidade de dar o paso para renovar a imaxe.

Cada concellería contará cunha cor propia para que os cidadáns e os medios podan diferencialas máis fácilmente. O proxecto foi elaborado pola empresa local Publicolor Serigrafíae dous representantes da firma detallaron que no proceso se simplificaron os elementos do escudo.

Con relación á gama cromática escolléronse tres cores que predominan nas fotografías aéreas do municipio: o azul verdoso da natureza, o salmón polos tellados da casas, e o amarelo polos areais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.