O Goberno galego aprobou hoxe outorgar a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación. Despois de que en 2020 foran honrados os profesionais da sanidade galega implicados na atención aos pacientes covid-19, os profesionais que están traballando para saír desta situación de pandemia a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización.