Xunta de Galicia

Feijóo avanza un novo pulo ao Polo aeroespacial de Galicia co inicio dos trámites para seleccionar novos socios estratéxicos e tecnolóxicos para os vindeiros cinco anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un novo pulo ao Polo aeroespacial de Galicia co inicio dos trámites para seleccionar novos socios estratéxicos e tecnolóxicos para os vindeiros cinco anos.
“Este mesmo mes de xullo faremos pública esta licitación cun orzamento de partida de 40 millóns de euros e coa previsión de firmar entre catro e oito acordos”, explicou durante a inauguración na Cidade da Cultura de Unvex 2021, a maior feira dedicada aos vehículos non tripulados que se celebra en España. Neste sentido, aseverou que este prego será un instrumento para canalizar o futuro financiamento dos fondos Next Generation, volvendo a innovar no mecanismo de colaboración público-privada e nas políticas de apoio á innovación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.