20 noviembre, 2026

A Pobra acolle a presentación dunha recopilación de poemas de Isaac Díaz Pardo

O Auditorio Museo Valle-Inclán acolleu a presentación do libro “A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo”, unha edición de Esperanza Mariño. Ao acto tamén acudiron o vogal de Barbantia, Xesús Laíño, e o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro. A editora non quixo afondar moito no contido da obra para non desgranala e manter así o interese dos lectores, pero si encomiou a figura de Isaac Díaz pardo.

Xesús Laíño aproveitou a súa presenza no acto para recordar a importancia da figura de Isaac Díaz Pardo en moitos ámbitos e a súa influencia. Laíño celebrou que o intelectual galeguista vaia ocupando así máis espazo na cultura galega xa que ademais de pintor, ceramista ou diseñador escribiu varios libros e artigos.

Este libro recolle os textos poéticos de Isaac Díaz Pardo publicados ao longo de máis de medio século, concretamente entre 1955 e 2007.123

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX