A concellería de Servizos Sociais de A Pobra do Caramiñal puxo en valor o cometido de Alcohólicos Anónimos, entidade coa que o concello colabora dende hai un mes para combater as adiccións de maneira activa e xenerosa. Así o afirmou a concelleira Amparo Cerecedo e animou a todas as persoas que se atopen nesta situación a achegarse a Servizos Sociais para facilitarlle o contacto da asociación.