O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a decisión do comité clínico da volta a normalidade nas residencias de maiores e centros de día mantendo, precisou, “un extra de precaucións”.Durante unha visita á residencia pública de maiores Volta do Castro, en Santiago, Feijóo precisou que con esta decisión volve ás residencias e aos centros de día a vida en comunidade, sen quendas nin grupos burbulla.
