s mesmos axentes, xunto co persoal do Distrito IV Barbanza, esclareceron outro incendio ocorrido igualmente o 16 de abril, na parroquia de Cando, concello de Outes, afectando a 0,45 hectáreas de superficie rasa. Dito incendio foi debido a un escape de queima, que a presunta autora realizaba sen adoptar as debidas medidas de precaución. Na súa extinción participaron un axente, unha brigada e unha motobomba. As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Muros.
