A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe por videoconferencia desde Santiago de Compostela con representantes da Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (UATAE) e da Plataforma de Autónomos Temporais (PAT) dentro da rolda de contactos aberta para preparar o 3º Plan de Rescate que a Xunta activará cos fondos que percibirá do Estado. Tal e como subliñou a conselleira, os axentes sociais e empresariais están a transmitir “preocupación e inquedanza” pola lenta reacción do Goberno central, a baixa contía que chegará a Galicia e a excesiva burocracia.
