A compañía Apatacón trae ao Elma neste domingo 14, ás 19.00 horas, o espectáculo Por unha peseta. Un traballo onde a voz narrada e cantada se achegan para atopar canto vale unha peseta. Historias da vida recollidas no noso contorno e que nos achegan en partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente.
