O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu no Parlamento de Galicia, a petición propia, para continuar cumprindo o compromiso da Xunta de Galicia de proporcionar á Cámara galega información periódica sobre a situación da pandemia na nosa comunidade, a súa evolución, así como os avances realizados no Plan galego de vacinación.
