O vento causou incidencias no concello da Pobra, onde se produciu a caída de varias árbores sobre a estrada AC-302, no tramo da aldea da Tomada a Moldes, estrada que permaneceu cortada durante varias horas mentres persoal da brigada de mantemento de estradas, coa colaboración de persoas voluntarias da Protección Civil, realizan as tarefas de retirada.
