O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a ampliación de 50 a 75 millóns de euros o segundo Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostalería e pediu a concellos e deputacións acordar unha folla de ruta “na que todos aportemos os recursos que se precisan”.Durante a súa comparecencia, esta mañá, na Cámara galega para informar da evolución da pandemia e das medidas impulsadas para afrontala, Feijóo subliñou que deste xeito, a Xunta terá achegado, en total, máis de 150 millóns de euros.
