A Xunta pon a disposición do sector esta contía no marco da convocatoria de 2021 de axudas para apoiar os investimentos produtivos, o incremento da eficiencia enerxética e o fomento do uso de fontes de enerxía renovables, así como os servizos de asesoramento técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura. A través destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), Galicia poderá subvencionar ata o 50% das inversións que fomenten unha actividade sustentable.
