Con motivo do Día Internacional dos Voluntarios no 5 de decembro, o Concello da Pobra do Caramiñal, mediante a Área do Voluntariado, presentou a súa campaña nesta materia.
Baixo o lema Agora é o momento!, iníciase no concello da Pobra do Caramiñal unha campaña de captación de voluntariado para participar nas distintas áreas coas que colaboran, social, medioambiental, cultural e de benestar animal .