A Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal organiza o obradoiro A creatividade na diversidade. Trátase dun taller de Nadal dirixido a adolescentes con diversidade funcional co obxectivo de incentiva-las habilidades sociais mediante a creación artística e atendendo a temática propia destas datas próximas. Unha decisión que se toma, tal e como expuxo a concelleira Amparo Cerecedo (BNG), «unha vez falado nós con moitos usuarios dos Servizos Sociais puidemos verificar que a situación derivada do coronavirus influíu negativamente no desenvolvemento cognitivo destes rapaces e rapazas, polo que decidimos face-lo obradoiro e a proposta de moitos deles foi realizalo en decembro debido a que son datas significativas.»