Por unanimidade dos grupos da corporación foi aprobada na Pobra unha liña de axudas dirixida as empresas que teñen ata 9 traballadores. Trátase dunha liña de axudas que saca a Deputación da Coruña cunha achega de 126,000 euros pola que o concello da Pobra debía aportar 31.532 euros, facendo un total de 157,000 euros. O executivo pobrense pareceulle escaso este montante polo que decidiron aportar 373,870 euros mais ata formar unha partida de medio millón de euros.