Pobra Do Caramiñal

Seguridade , cultura e tradición van da man na Pobra

Esta noite terá lugar a actuación de Broken Peach no Cantón da Leña, con dúas sesións: a primeira ás 21.00 horas e, a segunda, ás 22.45 horas. Trátase dun grupo que fusiona música e espectáculo, interpretando varios estilos. Na xornada do sábado 19, será a quenda de Millo Miúdo (gañador do certame Interritmos Sons no Rural organizado pola asociación de desenvolvemento local DELOA), ás 13.30 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán, e, a partir das 20.30 horas, toca ruada de música e baile tradicional con Arrancadeira (da Covecha aos Xardíns), Os Caraveiros (do paseo dos Areos ao Cantón da Leña) e Trécola (da rúa da Feira á praza de Maura). E o grupo Puzzle, a través do Servizo de Normalización Lingüística municipal e mais da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende 2019), ofrecerá un repertorio musical festivo en galego no Cantón da Leña, ás 21.30 horas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.