Outes

Representantes das patronais de Padrón, Boiro, Pobra, Riveira, Noia, Outes e CECB participaron da asamblea xeral realizada onte na sede da FEB

Polo que respecta ó primeiro dos puntos, informouse á asemblea da recente convocatoria por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia de subvencións a federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Aprobouse solicitar dita subvención para campañas comerciais.
Por outra banda, a asemblea da FEB aprobou iniciar a execución do plan de formación do Barbanza co obxectivo de mellorar a oferta turística e comercial da comarca. Segundo estipula o texto do protocolo, a Deputación achegará 30.000 euros e a entidade
empresarial 7.500 € para desenvolver na comarca accións formativas co obxectivo
de contribuir á profesionalización destes sectores e facilitarlles novas ferramentas
e estratexias que lles axuden ao crecemento do seu negocio e propicien así o
desenvolvemento económico da comarca e a xeración de emprego.
Finalmente, e debido a que que o actual mandato de catro anos remata o
vindeiro día 16/02/2016, procede en consecuencia convocar eleccións á
presidencia da FEB. Segundo estipulan os estatutos da FEB “o presidente da
Federación deberá ser membro dalgunha asociación integrante da Federación e
ser tamén proposto polos órganos directivos dela, sendo elixido e revogado no
seu mandato pola Asemblea Xeral e presidirá esta por un período de catro anos ”.
Oxe mesmo 22/01/2016 12.00 h. Ábrese o prazo de presentación de candidaturas.
29/01/2016 14.00 h. Péchase o prazo de presentación de candidaturas.
04/02/2016 21.00 h. Asemblea xeral extraord. de elección de president@.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.