Galicia

Galicia amplía en 400.000 euros o crédito das axudas a bateeiros, confrarías e acuicultores que fomenten unha actividade sustentable.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se amplía en 400.000 euros o crédito destinado á convocatoria de 2020 de achegas para apoiar os investimentos produtivos, o incremento da eficiencia enerxética e o fomento do uso de fontes de enerxía renovables, así como os servizos de asesoramento técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura. Este incremento no orzamento das axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), súmase á cantidade inicial de máis de 10,4 millóns de euros asignada para este fin na convocatoria publicada polo DOG o pasado 27 de decembro de 2019, o que supón un importe total de máis de 10,8 millóns de euros para os proxectos de bateeiros, confrarías de pescadores e acuicultores que promovan unha actividade sustentable.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.