20.9 C
Chicago
10 octubre, 2026

O Concello instalará unha rede separativa de pluviais na rúa do Carreiro en Aguiño

O Concello de Ribeira informa da realización dunha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na rúa do Carreiro, vía pertencente á Aguiño. Co proxecto elaborado plantéxase un sistema de saneamento separativo de forma que as augas pluviais descorran por un colector independente ata a rúa Castelao, onde conectarán coa rede de pluviais na zona. Isto permitirá evitar que as augas superficiais acaben no bombeo para as augas fecais do tanque de tormentas ubicado no porto de Aguiño, aminorando así o caudal que chega ata a instalación e, deste xeito, diminuíndo o número de alivios.

Related posts

O PLENO DE RIBEIRA REXEITA A MOCIÓN DA OPOSICIÓN CONTRA O CAMBIO DE UBICACIÓN DA RESIDENCIA DE MAIORES

CloudyX

ROSA CRUJEIRAS E FRANCISCO RIVADULLA SON PREMIADOS POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS

CloudyX

A AECC DE RIBEIRA IMPULSA UNHA NOVA CAMPAÑA POLO DÍA DO CANCRO DE MAMA

CloudyX