A formación nacionalista rexistrou unha iniciativa municipal tras recoller as queixas dos veciños da zona pola falta de marcas visibles e polas reducidas dimensións das prazas actuais. Trátase dun recinto de case 100 prazas, clave para a mobilidade diaria de traballadores do entorno e residentes de rúas como Padín e As Carolinas, e cuxa demanda se multiplica durante os meses de verán pola afluencia de visitantes.

