Outes

800.000 euros serán destinados a mellorar a seguridade vial da travesía de OUTES

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de case 800.000 euros na humanización da Travesía de Outes, unha obra que suporá unha importante mellora da seguridade viaria. A titular de Infraestruturas visitou esta mañá o Concello de Outes, onde tivo unha xuntanza co alcalde, Carlos Enrique López, para abordar o alcance desta actuación cun prazo de execución de 12 meses.

As empresas interesadas en participar no concurso público para a súa execución teñen de prazo ata o 2 de febreiro para presentar a súas ofertas.

Esta actuación centraranse en ampliar as beirarrúas e realizar melloras en interseccións, coa fin de conseguir unha maior seguridade da circulación e comodidade para os usuarios.

https://www.youtube.com/watch?v=YVXywFlYHX0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.