Outes

OS REIS desfilaron nos once municipios das comarcas da BARBANZA E MUROS E NOIA

Sorrisos e incluso vagaos de emoción se viviron na tarde de hoxe en cada recuncho da comarca do Barbanza cando os reis chegados de oriente se deixaron ver polas ruas da comarca. Saudando aos nenos e nenas e tirando doces ao aire, os reis magos visitaron os 11 municipios.
Unhas horas antes, a pista de xeo de Ribeira vivía unha intensa mañá. Os máis pequenos xa entregaran as cartas e comentaban o que desecan que traian os reis.
Tamén había algúns que a unhas horas aínda non o tiñan moi claro.
Case todos os rapaces e rapazas aseguraban portarse ben este ultimo ano.
Tamen habia quen era mais sinceiro.
En Ribeira desfilaron once carrozas, xa que acompañando ás carruaxes de Melchor, Gaspar e Baltasar haubo oito máis asignadas a diferentes asociacións.
Ás 18.00 horas chegaron ao porto de Rianxo para desfilar polas rúas da localidade, acompañados de grupos de música e animación. Ás 19.00 chegaron ao pavillón municipal, onde agardaba o belén vivente.
A rúa Avilés de Taramancos foi o punto de partida, ás 17.30 horas, das súas Maxestades en Noia.
Os Reis Magos tiñan previsto chegar subidos en traiñeiras á Pobra, pero debido á previsión de mal tempo non poderá ser. As actividades desenvolveronse no pavillón Venecia.
Como é habitual, en Boiro o punto de partida da cabalgata foi a Magdalena ás 17.30 horas. As oito carrozas chegaron ao Concello tras percorrer a rúa Principal.
En Porto do Son saída tivo lugar ás 17.30 horas desde O Cruceiro para percorrer o centro urbano, pararse diante do Concello e dirixirse ao pavillón de Santa Irene.
As súas Maxestades teñen previsto chegar a Muros ás 17.00 horas, concretamente a Laxeiras. Uns pequenos trasgos encargaranse de pór o toque musical.
En Lousame non haberá cabalgata como tal, senón que está preparada unha gran festa no polideportivo municipal entre as 17.00 e as 20.00 horas..
Os pavillóns son o comodín por si aumenta a choiva e o de Outes tamén está preparado. Aínda así, a previsión inicial é que os Reis Magos e os seus acompañantes partan ás 18.00 horas da praza do Bosque e percorran as rúas da Serra.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.