Outes

RIBEIRA foi o municipio que máis medrou en produto interior bruto entre os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes

O Instituto Galego de Estatística acaba de facer públicos os datos correspondentes á evolución do Produto Interior Bruto Municipal entre os anos 2010 e 2012: datos que, polo que se refire aos 22 municipios da nosa comunidade autónoma que teñen máis de 20.000 habitantes (e que concentran o 61,55% do PIB galego), se constata que Ribeira
non só é unha das dúas únicas localidades que, xunto con Arteixo, experimentaron un crecemento positivo, senón que é o concello onde a economía local máis se incrementou: un 6,2%, pasando de 514.396.000 euros a 546.252.000 (Arteixo aumentou nun 2,1%).

Falando en clave comarcal, o IGE tamén constata que Riveira é con diferenza o municipio con maior PIB de Barbanza. O organismo oficial recolle datos de Boiro (aumentou un 8,4%, pasando de 273.557.000 a 296.583.000 euros); A Pobra (aumentou un 1,2%, de 172.417.000 a 174.580.000 euros), Outes (medrou un 0,3%, de 72.732.000 a 73.006.000); e Porto do Son (aumentou un 0,004%: de 102.534.000 a 102.582.000 euros).

Rexistran resultado negativo Lousame (descenso dun 0,008%: de 36.143.000 a 36.112.000), Noia (reduciuse nun 3,9%, de 248.236.000 a 238.387.000) e Rianxo (diminuiu un 10,7%: de 132.496.000 a 238.387.000 euros).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.