Marisol Villar agradeceu a colaboración da Iniciativa Solidaria
de Noia e da Cruz Vermella para facer posible o traballo. “Estou
moi orgullosa do traballo que realizan”
A concellería de Servicios Sociais de Noia presentou o dispositivo que permitirá
distribuír entre os máis mozos 1.100 mascarillas, que foron confeccionadas pola
plataforma de voluntarias que componen Iniciativa Solidaria Noia e que serán
distribuídas co seguinte calendario coa colaboración da Cruz Vermella.
MARTES
LOCAL Horas
Reparto a domicilio en Roo 16:00h
Reparto a domicilio en Boa 17;00h
Zona Argalo ( Casa do Cura) 18:00h a 19:30h
MÉRCORES
Local Social Obre 9:30h – 11:30h
Local Social Barro 11:45h – 13:45h
Local Social de Ousoño 16:00h – 17:30h
Local Social A Barquiña 17:45h – 19:45h
XOVES
Mesas Electorais Local Horas
Casa da Xuventude Polideportivo Agustín
Mourís 9:30h a 12:00h
San Lázaro, Clube dos Xubilados, Ponte de San Francisco,
Local de Ensaio e outros lugares Coliseo Noela 12:15h a 15:00h
Conservatorio (Campo de Noia) Conservatorio 16:00h a 18:00h
Casa do Concello. IES Virxe do Mar Polideportivo Agustín
Mourís 18:15h a 21:00h
Dende a Concellería de Servizos Sociais aclaran que se elixiu este rango de idade
“ porque é moi difícil conseguir mascarillas que se adapten a nenos e nenas
SERVIZOS SOCIAIS
entre estas idades, xa que os maiores de 12 poden utilizar as habituais pero ao
máis pequenos non lle encaixan ben”
En total serán 1.100 mascarillas as que se poñerán a disposición elaboradas por
costureiras que xa confeccionaron para diversos centros hospitalarios de Galicia,
con tea 100% de algodón de tres capas con filtro. A concelleira da área Marisol
Villar comentou que “a colaboración da Cruz Vermella na loxística aporta
seguridade na clasificación como no reparto xa que sigan todas as pautas das
autoridades sanitarias e teñen medios para facelo” Para facer entrega os titores
deberán entregar un documento identifico.
Elixiuse distribuír por mesas electorais porque xa son referencias territoriais paras
as familias.
Villar indicou que pronto chegarán as 10.000 mascarillas que se acordou adquirir
na Xunta Municipal de Seguimento do COVID19 é que se destribuirán entre os
domicilios e aproveitou a presentación para agredecer o traballo das persoas que
están en activo nestes momentos e esforzo daquelas que permanecen nos seus
fogares.

