Como actuar para evitar unha catástrofe medioambiental nunha das rías mais ricas de Galicia foi o que a UME amosou esta mañá na Ria de Noia, onde o Grupo de Intervención en Emerxencias Tecnolóxicas e Ambientais realizou unha exhibición coa colaboración de Naturgy, a Brigada de Emerxencias e Intervención Rápida Ambiental ( BEIRA), a cruz vermella, o 061, coa AXEGA 112 da Xunta de Galicia e a a unidade de descontaminación do SUMA Madrid. O exercicio consistiu nunha operación para a xestión dunha emerxencia ambiental provocada por unha vertedura de hidrocarburos como consecuencia dun choque de embarcacións nas augas da Ría de Noia.
