Unha unidade do Grupo de Intervención en Emerxencias Tecnolóxicas e Medioambientais (GIETMA) da Unidade Militar de Emerxencias (UME), composto por uns 70 efectivos, chegou o martes a Noia, onde durante esta semana ten previsto realizar unha xornada de portas abertas e un exercicio de loita contra a contaminación medioambiental.
