Nunha clara aposta pola cultura o concello da Pobra pon en marcha novas actividades para todas as idades, que cubrirán o tempo de ocio ata a chegada do entroido. Teatro e cine é aposta da concellería de cultura para estes días, nos que cabe destacar a proxección da longametraxe, O que Arde, de Oliver Laxe.
