O Partido Popular da Pobra denuncia a falta de coidado e embelecemento do municipio da Pobra por parte do goberno bipartito formado por Nos Pobra e o Psoe. Esta mañá o voceiro do PP pobrense, Manuel Durán, puxo como exemplo desta situación o cambio de luminarias realizado na rúa Venecia, onde as farolas de ferro fundido que embelecían esta rúa, foron substituídas por farolas galvanizadas, para os populares non era preciso sustituír a base da farola para facer o cambio a luces de baixo consumo.
