Outes

Os concellos da comarca de muros e noia únese por primeira vez para dinamizar o turismo con “A RÍA DA ESTRELA”

“A Ría da Estrela”, co subtítulo “Ría de Muros-Noia”, será a marca de dinamización turística do Xeodestino Muros-Noia. Un proxecto presentado esta tarde na Casa da Cultura de Lousame nun acto organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Ría Muros-Noia ao que asistiron os alcaldes de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son, así como representantes da asociación de empresarios, GAC, Noia Histórica… e distintas entidades e empresarios da comarca.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, destacou o “potencial enorme da comarca pero non nos identifican como comarca. Por iso elaboramos unha marca e un proxecto de dinamización turística para que nos fagan visibles en toda Galicia”. Villaverde insistiu en que “este é o primeiro paso, agora toca traballar todos xuntos: alcaldes, empresarios, asociacións… Temos que deixar a un lado o minifundismo mental e ir todos xuntos”.

A marca “Ría da Estrela” é só a carta de presentación dun ambicioso proxecto de promoción turística da ría de Muros-Noia. José Antonio Marcote, autor do proxecto, destacou que “queremos vender la ría de Muros-Noia como un producto turístico. Un producto de márketing territorial, queremos vender un territorio. Por eso no jugamos con concellos sino con experiencias para el turista”.

O proxecto inclúe a creación dunha páxina web (www.ariadaestrela.com) con saída a tres redes sociais (Facebook, Twitter e Linkedin) para axudar ao posicionamento do xeodestino.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.