15.1 C
Chicago
24 octubre, 2026
Image default

A Xunta pon en marcha servizos móbiles gratuítos de oftalmoloxía, podoloxía, atención ao alzhéimer e apoio ás persoas maiores para as contornas rurais

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu hoxe á entrada en servizo da nova rede de apoio aos maiores no rural denominada RedMay, coa que a Xunta leva ata a porta das casas destas persoas atencións para as que antes tiñan que desprazarse fóra das súas parroquias.

Esta iniciativa, apoiada pola Unión Europea e da que se beneficia unha vintena de municipios de Galicia, consiste na posta en circulación de unidades móbiles na que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de oftalmoloxía, podoloxía, prevención do alzhéimer e de apoio persoal.
Fabiola García explicou que RedMay é un paso máis no compromiso do Goberno galego de facer realidade a preferencia que manifestan os nosos maiores de permanecer cerca das súas casas ben atendidos, con todos os servizos ao seu alcance e nas mellores condicións.

Related posts

VARIOS CONCELLOS DO BARBANZA RECIBEN A BANDEIRA VERDE DE GALICIA POLO SEU COMPROMISO AMBIENTAL NUNHA EDICIÓN RÉCORD

CloudyX

CHOQUE POLÍTICO NO PARLAMENTO POLOS ORZAMENTOS

CloudyX

ALFONSO RUEDA REIVINDICOU O USO DA MADEIRA GALEGA COMO ELEMENTO CLAVE PARA A CONSTRUCIÓN DE VIVENDA SOSTIBLE DURANTE O ENCONTRO PIÑEIROS 26

CloudyX