A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu hoxe á entrada en servizo da nova rede de apoio aos maiores no rural denominada RedMay, coa que a Xunta leva ata a porta das casas destas persoas atencións para as que antes tiñan que desprazarse fóra das súas parroquias.
Esta iniciativa, apoiada pola Unión Europea e da que se beneficia unha vintena de municipios de Galicia, consiste na posta en circulación de unidades móbiles na que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de oftalmoloxía, podoloxía, prevención do alzhéimer e de apoio persoal.
Fabiola García explicou que RedMay é un paso máis no compromiso do Goberno galego de facer realidade a preferencia que manifestan os nosos maiores de permanecer cerca das súas casas ben atendidos, con todos os servizos ao seu alcance e nas mellores condicións.
A Xunta pon en marcha servizos móbiles gratuítos de oftalmoloxía, podoloxía, atención ao alzhéimer e apoio ás persoas maiores para as contornas rurais


