18 agosto, 2026
Image default

Alumnos do colexio de Palmeira coñecen na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira a importancia da pesca e de consumir peixe

Preto de 250 alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe de Palmeira visitan entre hoxe e o xoves a Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira para coñecer a importancia do sector pesqueiro e marisqueiro, con gran peso na zona, e as vantaxes de consumir peixe para ter unha dieta saudable.

Os cativos tamén poden descubrir as posibilidades formativas que ofrece o centro dependente da Consellería do Mar de cara a converterse no futuro en profesionais deste sector.

Related posts

OS MARISCADORES CAPTURAN AMEIXA VERMELLA EN RIBEIRA A 20 EUROS O KILO

CloudyX

UNHA TRINTENA DE MENORES PARTICIPA NUN PROGRAMA DE REFORZO EDUCATIVO EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

CloudyX

A NAVALLA PROTAGONIZA A ACTIVIDADE NA LONXA DE AGUIÑO

CloudyX