A ría de Muros e Noia reduciu a súa produtividade nos últimos anos por mor, entre outras causas, dos temporais, da caída da salinidade e da mortaldade do recurso. Este verán a confraría de Muros ten aberta a súa campaña marisqueira estival á que están a ir tamén profesionais do pósito noiés.

