Outes

20 mozos e mozas participan no campo de traballo internacional en OUTES

A Serra de Outes está a acoller estes días o campo de traballo internacional ‘Horta do muíño’ da Consellería de Traballo e Benestar no que están a participar ata o próximo 28 de xullo un total de 20 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. En concreto, os participantes, procedentes de Galicia, e doutras comunidades autócomas así como de Rusia, Francia, Bélxica e Italia están a revitalizar o turismo da zona a través da rehabilitación dunha construción típica galega, o muíño, e da reactivación do sendeirismo cos traballos de limpeza e dinamización da ruta en Albán-Tremuzo.
Os mozos e mozas, ademais, están a intercambiar experiencias, coñecementos e costumes, ao tempo que favorecen a comunicación grupal e acadan actitudes de colaboración e cooperación. Entre as actividades complementarias que están a realizar destacan paseos pola poboación de Outes, xornadas na praia coa práctica de deportes náuticos e rutas pola devesa de Nimo.

https://www.youtube.com/watch?v=4yk-GtmGsmE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.