20 noviembre, 2026
Image default

A Semana Santa de Noia foi presentada esta mañá na Casa Parroquial.

A Semana Santa de Noia foi presentada esta mañá na Casa Parroquial. Ao acto de presentación acudiron o alcalde, Santiago Freire, o concelleiro de cultura, José Pérez, o párroco José Ortoño e José Godoy, membro das confrarías. Ademais de presentar os actos que se levarán a cabo tamén se presentou o gañador do Concurso de Carteis, no que resultou ser María Teresa Chouza.
O membro dunha das confrarías, José Godoy foi o encargado de presentar a programación deste ano 2019. Tamén tivo algunhas palabras o edil de cultura, José Pérez, que indicou que colaborando conxuntamente pódense chegar a facer grandes cousas, como esta variada programación. Ademais agradeceu o traballo de todas as confrarías do municipio e destacou o cartel realizado por María Teresa Chouza. Por último, o alcalde de Noia, Santiago Freire, sinalou que a proximidade desta celebración coas festas de San Marcos, ofrecen moitas posibilidades aos visitantes que se acheguen ata a vila noiesa.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX