O Bloque Nacionalista da Pobra do Caramiñal demandou onte a pasividade do goberno pobrense en relación as propostas para mellorar a seguridade viaria no municipio.
Ramiro Ouviña Ouviña, concelleiro do Grupo Municipal, presentou desta maneira unha moción a respecto da seguridade viaria. Dende o partido nacionalista demandan mellora da seguridade nas rotondas de acceso á autovía e as de entrada ao peirao comercial, incluíndo a sinalización vertical e horizontal, entre outras

